Home / Novas / PSdeG-PSOE no Concello / A Agrupación Socialista de Fene convoca
A Agrupación Socialista de Fene convoca un acto público para informar sobre o retroceso que supón a supresión da gratuidade dos libros de texto
O delegado provincial do goberno bipartito, José Manuel Mouriz, explicará xunto con membros da Plataforma Pola Gratuidade dos Libros de Texto, sobre a situación coa que se atopan milleiros de familias galegas tras a decisión do novo goberno do PP.
|
17/09/2009
Este xoves, ás 20:00, terá lugar no CPS de San Valentín un acto público organizado pola agrupación socialista de Fene para informar sobre o retroceso que supón a supresión da gratuidade dos libros de texto no ensino obligatorio. Tal e como explican na convocatoria feita a veciños/as, asociacións, centros de ensino e ANPAS, durante a pasada lexislatura, os socialistas ampliaron a gratuidade dos libros de texto a todo o ensino obrigatorio. Pola contra, na actualidade o Partido Popular ven de eliminar esre dereito, polo cal milleiros de familias galegas volverán a pagar, no mellor dos casos, unha alta porcentaxe do custe dos libros de texto, que ata o de agora tiñan dun xeito totalmente gratuíto. O encontro valerá para que o Delegado Provincial de Educación na lexislatura do bipartito, Jose Manuel Mouriz, e membros da Plataforma pola Gratuidade dos Libros de Texto expliquen a situación. Este acto contará tamén coa presenza e a intervención do Secretario xeral da Agrupación Local, Antón Lois Noceda, e do Alcalde de Fene, o socialista Iván Puentes.
|

|
|
|
|