| 
|
Novas
O PP de Fene acaba de renovar coa Xunta o compromiso de aportar 250.000 € para a auga de Magalofes, pero renunciando ao alcantarillado de San Marcos e Sillobre.
“Estafa a todos os veciños e veciñas” son as palabras coas que Iván Puentes, portavoz socialista de Fene, califica o acordo entre o Alcalde, Gumersindo Galego e o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, para renunciar á construcción do alcantarillado de San Marcos e diversos lugares da zona alta de Sillobre, como Buio e A Rañoa.
No ano 2010 Concello e Xunta de Galicia chegaron a un acordo para levar a auga a Magalofes, unha obra prevista polo Goberno Galego desde o ano 2007 e que inicialmente ía ser |